COGAMI achegou no Morrazo formación en informática loxística

venres, 30 de xullo do 2021 S. P.

Finalmente chegou ao seu remate o curso de informática aplicada ao control de almacén que durante unha semana impartiu a confederación galega COGAMI a 9 persoas con discapacidade e ou incapacidade laboral para a profesión habitual, 3 mulleres e 6 homes, dos concellos de Cangas, Moaña, Bueu e Marín, todos concellos da comarca do Morrazo.
Estra formación está incluída dentro do programa Máis Emprego que financian Fundación La Caixa e o Fondo Social Europeo, a través do que se pretende capacitar ás persoas e orientalas ao mercado laboral, para que consigan tanto a súa primeira inserción como tamén a oportunidade de reciclarse.
Durante 20 horas, as persoas participantes no curso aprenderon a manexar os programas informáticos Windows, Word e Excell aplicábeis ao control dun almacén.

PUBLICIDADE