Buzz! terá versión para PSP

luns, 11 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

A saga de xogos de preguntas Buzz! vai facerse portátil, e este verán contará cunha versión para PSP na que incluirá máis de 5.000 preguntas de temas coma música, deportes, natureza, cine ou ciencia, completadas por máis de 1.000 fotografías e vídeos cos que xogar.
O xogo contará con 6 quendas e procurará traducir á consola portátil a dinámica de xogo da versión doméstica, aínda que todo apunta a que deberán suplir a falta de múltiples controladores de xogo facendo circular a PSP entre os distintos xogadores.
Buzz! tamén permite un modo de xogo para un único xogador, que presentará 15 desafíos diferentes para comprobar os coñecementos do usuario.

PUBLICIDADE