Btaccel permite facer descargas directas da rede BitTorrent
venres, 24 de abril do 2009
Os usuarios que
queiran descargar ficheiros da rede BitTorrent pero non poidan ou queiran
utilizar unha aplicación cliente para esta plataforma P2P poden facer uso de Btaccel.com, un novo servizo web en
probas que permite converter as descargas de BitTorrent en descargas directas.
Os usuarios poden atopar asà ficheiros .torrent
en distintas páxinas web (incluÃndo buscadores coma Mininova ou The Pirate Bay),
copiar o sen enderezo web e pegalo en Btaccel para que dende o servidor se
inicie a súa descarga, de xeito que cando estea completo (o que pode ser
instantáneo se alguén o descargou con anterioridade) sexa posible descargalo
vÃa web a alta velocidade.
- O usuario poder recibir un aviso cando o servidor de Btaccel remata unha descarga
Amais, os usuarios rexistrados poden recibir unha alerta por correo electrónico
cando estea completa a descarga solicitada, o que resulta sumamente práctico, pois evita ter
que andar pendente das descargas. Inicialmente os usuarios de balde terÃan
limitadas as súas descargas a 100 Gb, o que pensamos que é un dato orientativo,
pois os responsables do servizo están a pensar se establecer tipos de usuario premium que paguen por facer uso desta
plataforma con máis garantÃas e calidade.
Btaccel está baseada en servizos cloud
hostingde Rackspace (que lembra á oferta
comercial que prepara Arsys en España) e conta con 500 Mbps para as
descargas, o que en moitos casos garante unhas velocidades de
descarga de BitTorrent moi superiores aos que podiamos ter dende un equipo doméstico,
polo que operarÃa coma un acelerador de descargas, aÃnda que moitos preferirán
ver esta plataforma coma un xeito de descargar ficheiros P2P dende o traballo,
a biblioteca ou outros puntos de acceso públicos nos que non é posible facer
uso de aplicacións de intercambio de ficheiros.