Brutal censura dun xogo de loita en Malaisia
venres, 8 de setembro do 2017
Nos últimos anos non foron poucos os xogos de loita coa
participación de figuras relixiosas, estando estes dÃas de actualidade o tÃtulo
independente Fight of Gods,
actualmente dispoñible
mediante acceso anticipado en Steam, e que consiste nun tÃpico xogo de
loita en dúas dimensións de 1 contra 1 (no máis puro estilo dos Street Fighter) que destaca polo seu
cadro de loitadores: Amaterasu, Anubis, Atenea, Buda, Guan Gong, Xesús, Moisés,
OdÃn, Sif e Zeus.
Dende paÃses occidentais é normal ver este tipo de producións dun xeito
inocente, pero en Malaisia non ven do mesmo xeito esta creación de Digital
Crafter e decidiron
censurar o xogo, ao parecer, pola representación de Xesús e Moisés
(considerados como profetas para o pobo musulmán) de xeito que considerarÃan o
xogo unha blasfemia, pero dado que estamos ante un xogo con distribución
dixital non podÃan retiralo das tendas, polo que optaron por unha media
completamente desproporcionada: bloquear o acceso á tenda dixital de videoxogos
Steam dende Malaisia (a través dalgúns operadores de telecomunicacións).
Ante tal situación os responsables de Steam contactaron coas autoridades do
paÃs e cos desenvolvedores do xogo, para facilitar asà a retirada
nese mercado de Fight of Gods sen
que iso supoña o bloqueo da principal plataforma de venda de videoxogos para PC
a nivel mundial.
Tráiler de Fight of Gods