Broforce será o xogo máis destacado de PS Plus en marzo

mércores, 24 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

O vindeiro día 29 remata o prazo para que os usuarios de PlayStation Plus poidan canxear os xogos Helldivers, Nom Nom Galaxy, Persona 4 Arena Ultimax, Grid Autosport, Lemmings Touch e Nova 111, para renovar a listaxe de títulos o 1 de marzo por unha listaxe que semella ser unha das máis frouxas de todas a historia de PS Plus, con xogos practicamente descoñecidos, coa excepción do título independente Broforce para PS4, que resultou elixido dentro de Vota tus juegos, e que trátase dun shooter de acción 2D con toques de parodia, pero que continúa a ser un xogo de segunda fila, que dificilmente compensará que moitos usuarios se molesten en incluír na súa biblioteca os xogos de marzo.
Os outros xogos incluídos en marzo serían o xogo de naves Galak-Z para PS4 (que presenta certos toques de StarFox e que actualmente véndese a un prezo de 19,99 euros); o xogo de naves Super Stardust HD para PS3 (valorado en 7,99 euros); o curioso xogo de acción para PS3 The Last Guy (valorado en 4,99 euros); o xogo de acción Flame Over para PS Vita (valorado en 9,99 euros); e o curioso xogo de loita con toques de realidade aumentada Reality FIghters para PS Vita (valorado en 9,99 euros).

Vídeo no que anuncian os xogos de marzo de PS Plus

PUBLICIDADE