Braid sairá para PC a primeiros de 2009

martes, 23 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios da Xbox 360 levan tempo podendo gozar dun excelente título independente que está á venda a través do Bazar de Xbox LIVE por 1.200 Microsoft Points (uns 14,4 euros) e que conquistou ao público e á crítica ata chegar a ser considerado coma o segundo mellor xogo do ano pola revista Time (só por detrás do Grand Theft Auto IV), pero este privilexio tamén se espallará ao PC segundo anunciou Jonathan Blow, desenvolvedor deste orixinal xogo que mestura plataformas con puzzles, quen prevé estrear a versión para PC do xogo para primeiros do ano que vén (posiblemente en febreiro ou marzo) xa que entre outras cousas non consideraron atinado lanzalo entre a vaga de grandes xogos que chegaron en outubro e novembro ás tendas de cara ao Nadal.
Tamén está en conversas para que lle adapten o xogo para funcionar de xeito nativo en Mac OS X, mentres que unha futura versión para PlayStation 3 non estaría descartada (dependendo do interese de Sony no xogo).

PUBLICIDADE