Bota a andar a páxina web sobre o Plan de Ordenación do Litoral
mércores, 3 de febreiro do 2010
A Xunta de Galicia activa hoxe unha páxina
web sobre o Plan de Ordenación do Litoral, publicación web que é unha das
medidas potenciadas polo Goberno galego para cumprir co compromiso de máxima
transparencia no deseño e definición deste proxecto de ordenación territorial.
O Plan de Ordenación do Litoral ten por obxecto establecer os criterios,
principios e normas xerais para a ordenación urbanÃstica da zona litoral
baseada en criterios de perdurabilidade e sustentabilidade, asà como a
normativa necesaria para garantir a conservación, protección e posta en valor
das zonas costeiras.
Ademais, a ConsellerÃa de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está
a habilitar unha oficina de información nas dependencias da ConsellerÃa en San
Lázaro, na que a partires da vindeira semana estará dispoñible a totalidade da
cartografÃa impresa do POL, a disposición dos concellos e dos cidadáns, asÃ
como un sistema avanzado de consultas de análise territorial e dous técnicos
para solucionar dúbidas e recoller suxestións.
Por outra banda, dende a páxina web pódense descargar e consultar todos os
contidos do Plan do Litoral para que os concellos e os cidadáns teñan acceso
directo a información relativa ao plan do litoral, que actualmente está en fase
de audiencia por parte dos concellos e das entidades e organismos relacionados
coa ordenación do territorio. Este perÃodo de audiencia é un tempo no que se
busca a participación das entidades locais para que formulen as dúbidas e
propostas que consideren oportunas sobre os obxectivos que suscita o plan.
Os contidos que se poden consultar nesta páxina están relacionados coa
metodoloxÃa empregada, a sÃntese territorial, a normativa do plan, pero sobre
destaca toda a documentación gráfica, particularmente a cartografÃa territorial
con todo o ámbito de xestión do plan e todas e cada unha das máis de 400
unidades de paisaxe nas que se dividiu a costa de Galicia.
Plan de Ordenación do Litoral
Dende o Goberno galego defÃnese o Plan de Ordenación do Litoral (POL) como o
documento necesario e inaprazable para a constitución dun marco normativo
estable que protexa de forma efectiva o litoral de Galicia. Sen dúbida, tamén é
un instrumento de xestión que xorde dende o convencemento de que protexer no é
só prohibir, senón que consiste en xestionar un territorio ordenando os seus
usos e atendendo á súa configuración natural e antrópica asà como a os seus
procesos e dinámicas, no marco dun novo modelo territorial. Un terceira
definición deste instrumento de ordenación pivota no feito de que é un proxecto
que recoñece as singularidade e elementos identitarios da costa e a sociedade
de Galicia.
FilosofÃa de goberno
A Xunta de Galicia asume como filosofÃa de goberno o principio de que o
desenvolvemento da Comunidade autónoma debe fundamentarse nun crecemento
harmónico cos valores do noso territorio. Nese sentido, o litoral de Galicia
presenta un diverso número de paisaxes e oportunidades, que entre todos debemos
poñer en valor.
Neste contexto, o Plan de Ordenación do Litoral xorde
como un instrumento capaz de favorecer unha xestión integral do territorio, un
instrumento eficaz para dirixir os usos do chan co obxectivo de avanzar cara a
unha sociedade máis xusta e competitiva pero ao mesmo temo máis comprometida
coa sustentabilidade e a paisaxe.