Bose renova os seus auriculares con cancelación de ruÃdo
martes, 31 de agosto do 2021
Entre
os auriculares sen fÃos con cancelación de ruÃdo e diadema destacan
principalmente os modelos Sony e Bose, e dado que Sony
lanzou o ano pasado os seus WH-1000XM4, os Bose QuietComfort QC35 II podÃan
parecer anticuados (saÃron á venda en 2017), de aà que o 23 de setembro vaian
pór á venda os auriculares Bose
QuietComfort 45, que nos EE.UU. terán un prezo de 329 dólares, ou sexa, que
serán incluso un chisco máis económicos que os de Sony.
Os Bose QuietComfort 45 volven apostar pola comodidade, unha cancelación de
ruÃdo excelente, melloran o seu illamento de voz para conversas telefónicas (e
videochamadas) máis nÃtidas, gozan dunha autonomÃa de até 24 horas e, como
importante novidade, contan cun modo de funcionamento chamado Aware que
vén a ser o que outras marcas chaman modo transparencia, no que os
auriculares reproducen o son captado polos seus micrófonos externos, para poder
escoitar o contorno sen ter que quitalos en momentos puntuais.
Outro elemento que destaca nestes auriculares é que contrólanse a través de
varios botóns fÃsicos (o que resulta do gusto de moitos usuarios), asà como
tamén contan con Bluetooth 5.1 multi-punto, ou sexa, que poden conectarse a
varios dispositivos á vez.
- Os Bose QuietComfort QC45 estarán dispoñibles en dúas cores
VÃdeo promocional dos auriculares Bose QuietComfort QC45