Bose presenta uns auriculares optimizados para o asistente de Google
xoves, 21 de setembro do 2017
Nos
últimos anos son varios os altofalantes conectados que aproveitaban as
funcionalidades dos asistentes de Google, Amazon ou Apple, pero dende
Bose pensaron que tamén poderÃa ser interesante facer algo semellante cos
auriculares, e xuntaron forzas con Google para facer que o seu asistente
estea dispoñible nos seus novos Bose
QuietComfort 35 wireless headphones II, que facilitan que poidamos realizar
consultas a Google en momentos nos que estamos escoitando música e non queremos
ter que tirar man do smartphone.
Os novos auriculares funcionan tanto con móbiles con Android coma co iPhone a
través de Bluetooth, e permÃtennos escoitar as mensaxes que recibamos ou os
eventos do calendario mentres estamos escoitando música (mantendo esa
información nun ámbito privado); tamén poden empregarse para informarse das
novas (que lense a viva voz de varias fontes seleccionadas); e tamén permite
atender e realizar chamadas telefónicas mediante ordes de voz.
Estes auriculares conta cun sistema de cancelación de ruÃdo activo, que permite
illar ao usuario do contorno, para somerxelo na experiencia sonora, e
inicialmente van comercializarse nos EE.UU., Australia, Canadá, Alemaña,
Francia e Reino Unido, sendo o seu prezo europeo de 379,95 euros.