Borderlands chega a iOS con serias limitacións

mércores, 31 de outubro do 2012 Marcus Fernández

Tras o éxito da saga Borderlands en Xbox 360, PlayStation 3 e PC, dende 2K Games decidiron levar esta marca a dispositivos móbiles, tendo claro que debían reformular o xogo fuxindo dunha perspectiva en primeira persoa, e así temos agora Borderlands Legends, título que está dispoñible para iPhone e iPod Touch por 4,49 euros e cunha versión HD para iPad por 5,99 euros, e que presenta a Mordecai, Lilith, Brick e Roland nunha perspectiva isométrica que posiblemente espante aos que gusten da entrega para plataformas domésticas, pois parece perder a súa acción trepidante e o seu sentido do humor.
Borderlands Legends ofrece misións aleatorias, milleiros de armas diferentes, 36 poderes e capacidades exclusivas, sistema de cobertura estratéxica e un modo loita pola túa vida. Aparte de parecer unha mera explotación da marca Borderlands, tamén pode criticarse que a versión HD non está á altura da pantalla Retina do iPad, e que a versión para iPhone está a ser moi criticada por non estar adaptada á pantalla panorámica do iPhone 5, detalle difícil de perdoar a un xogo de nova creación.


Trailer de Borderlands Legends

JPEG - 633 KB
En iOS Borderlands pasa de ser un FPS a presentarse como un xogo en perspectiva isométrica

PUBLICIDADE