Bombshell</Em> será o vindeiro traballo de Interceptor Entertainment

xoves, 15 de maio do 2014 Marcus Fernández

Interceptor Entertainment, o estudio detrás do remake do ano pasado do clásico Rise of the Triad, anuncia que está a preparar Bombshell, un xogo de rol de acción con vista isométrica para PC e PlayStation 4, que está protagonizada pola artificieira convertida en mercenaria Shelly Bombshell Harrison, que co seu brazo biónico percorrerá 4 planetas para rescatar ao seu presidente dunha ameaza alieníxena.
Este xogo desenvolvido con Unreal Engine presenta inimigos fantásticos, un arsenal devastador e unhas mecánicas de xogos mixtas que prometen enganchar aos usuarios.

Bombshell será un RPG de acción en vista isométrica


Vídeo promocional do xogo

PUBLICIDADE