Bluesky dará visibilidade a directos en plataformas externas
luns, 19 de maio do 2025
Bluesky iniciou as probas dunha nova funcionalidade para dar visibilidade ás emisións en directo doutros servizos como Twitch e YouTube, contribuÃndo asà a divulgar contidos en directo pese a que a plataforma non conta con capacidades de retransmisión de seu. Deste xeito, prefiren manter aos usuarios informados que retelos na súa plataforma, onde unha serie de contas seleccionadas poden vincular os seus perfÃs ás plataformas de vÃdeo indirecto de xeito que cando estean a retransmitir lucirán un distintivo vermello e unha etiqueta de en directo.
Con este tipo de medida Bluesky busca facerse un oco nos espazos sociais para discutir informacións do momento, algo que parecÃa estar limitado a X, aÃnda que polo momento esta nova prestación só resulta atractiva para creadores de contido que queiran compartir información en directo, e non para que Bluesky sexa a grande fonte de información ante un suceso de actualidade.
A primeira grande conta de Bluesky que proba esta funcionalidade é a da NBA, de xeito que durante as retransmisións deportivas presentarán un distintivo para facilitar que quen queira poida acceder rapidamente a un contido en directo dispoñible fóra de Bluesky.