Blogojuegos publica unha Guía de Compras en formato PDF
mércores, 2 de xaneiro do 2008
A rede de bitácoras sobre videoxogos, Blogojuegos, rematou o ano facendo un
repaso dos títulos editados en 2007 para que sirva coma ferramenta para as
compras nos vindeiros meses nunha guía en formato
PDF de 151 páxinas nas que se recollen un total de 70 críticas de xogos de
tódalas plataformas actuais.
A Guía de Compras de Blogojuegos
resulta especialmente útil nestas datas pola proximidade da noite de Reis, xa
que os videoxogos son un agasallo cada vez máis popular (e a publicación
permite fuxir dos títulos anunciados en televisión). A reseña de cada xogo inclúe unha ficha na que se detallan o xénero,
a plataforma, o idioma, o desenvolvedor, o distribuidor, o prezo recomendado e
a cualificación PEGI.