Blockchain.gal amosou en Santiago os detalles da revolucionaria tecnoloxÃa Lightning Network
venres, 22 de febreiro do 2019
Blockchain.gal,
comunidade galega centrada en divulgar os usos e vantaxes da nova
tecnoloxÃa de cadea de bloques, celebrou este xoves 21 de febreiro,
en Santiago, un relatorio sobre Lightning Network, a solución
de adaptación e evolución das criptomoedas que abre un importante
abano de posibilidades de pagos en diferentes contornas e situacións.
A
cita comezou da man de Luis Miguel Louzao, membro da
asociación Blockchain.gal, quen arrancou o seu relatorio facendo unha
introdución das potencialidades de Lightning Network. Segundo fixo
saber, LN é ante todo solución a todos os problemas de escalado,
evolución e adaptación que se derivan do espallamento da moeda
virtual e das complexidades que xorden das operacións de
transferencia con este tipo de moedas.
LN,
engadiu, constitúe unha solución de segunda capa que pon en xogo
respostas relevantes para as conxestións sufridas pola Rede coa
aparición deste tipo de actividade económica innovadora: cousas
como unha notábel lentitude no procesamento das operacións ou as
altas comisións que se cobran para realizar transaccións.
LN,
para quen no o saiba, é un protocolo que funciona como unha capa
alterna á Blockchain da criptomoeda, e que está chamado a
posibilitar a creación de canles de pago alternas que se executarán
directamente entre as partes interesadas, axilizando os tempos de
execución das operacións. Na rede Lightning os pagos son inmediatos
e non precisan confirmación dos bloques. Ademais, fai posÃbel o
envÃo de pagos miúdos sen risco de custodia. En liñas xerais, é
quen de desconxestionar a rede blockchain.
Sobre
a comunidade galega
Blockchain.gal
é unha comunidade que ten como obxectivo divulgar os beneficios das
tecnoloxÃas relacionadas coas redes blockchain e o seu
impacto na sociedade. A actividade visÃbel da asociación comezou en
xaneiro do ano pasado en Compostela, na sede do CESGA, e logo
estendeuse a outras cidades da nosa terra como por exemplo Vigo ou
Coruña, desenvolvendo sesións técnicas e divulgativas sobre a dita
tecnoloxÃa e as amplas posibilidades. Por contidos, os integrantes
de Blockchain.gal adoitan ir alén do tecnolóxico, abordando tamén
temáticas relacionadas con aspectos legais e fiscais (tendo en conta
que a cadea de bloques están na orixe e no impulso das moedas
virtuais).