Blackmagic presenta unha cámara cinematográfica 12K
venres, 17 de xullo do 2020
Blackmagic Design deu a coñecer a súa nova cámara
cinematográfica dixital Blackmagic
URSA Mini Pro 12K, que conta cun sensor Super 35 (cunha resolución de
12.228 x 6.480 pÃxeles) e un rango dinámico de 14 pasos para filmar secuencias
de até 60 imaxes por segundo en 12K cunha resolución de 80 MpÃxeles por cadro,
que tira proveito da colorimetrÃa de 5ª xeración desenvolvida por Blackmagic (soportando
tamén o formato RAW da compañÃa). Esta impresionante cámara chega este mesmo
mes ao mercado norteamericano a un prezo de 9.995 dólares.
Esta nova cámara busca aproveitar a súa resolución para conseguir mellores
imaxes en 8K e 4K, conseguindo un nivel de detalle máis propio das cámaras
fotográficas de alta gama. Tamén pode gravar en 8K a 110 imaxes por segundo e a
4K a 220 imaxes por segundo, ou sexa, que permite filmar a altas frecuencias
sen perder resolución nos formatos de destino. Tamén conta con montura PL
intercambiable, filtros de densidade neutra integrados, 2 rañuras para tarxetas
CFast e SD UHS-II e porto de expansión USB-C SuperSpped.
Esta cámara resulta ideal para longametraxes, series de televisión e contidos
en formato IMAX, e a súa elevada resolución tamén dálle grande versatilidade á
hora de filmar contidos que poidan aproveitarse para vÃdeos en vertical ou en formato
1x1.
As cámaras URSA Mini Pro inclúen unha versión completa da aplicación DaVinci
Resolve Studio, a solución máis avanzada do mercado que combina ferramentas
profesionais de etalonaxe, posprodución de audio e efectos visuais, que facilita
o aproveitamento das gravacións en Blackmagic RAW, que posibilita a
posprodución en calquera resolución de xeito instantáneo, sen necesidade de renderizar,
e mantendo a precisión cromática do sensor.