Bioshock para Mac OS X chegará en outubro

venres, 25 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Feral Interactivo rematou a adaptación de Bioshock para Mac OS X, saíndo este xogo para a plataforma de Apple o vindeiro 7 de outubro, despois de que chegara no seu día a Xbox 360 e PC, e máis recentemente a PlayStation 3.
Este título custará 40 euros, e precisará para funcionar un equipo con procesador Intel a 1,8 GHz, 1,5 Gb de memoria RAM, tarxeta gráfica con 128 Mb de memoria dedicada, 8 Gb de disco duro libre e sistema operativo Mac OS X 10.5.8 coma mínimo, de xeito que os usuarios con equipos con tarxeta gráfica GMA con memoria compartida ou os baseados en procesadores PowerPC quedarían fóra da listaxe de equipos compatibles con este excelente xogo.

PUBLICIDADE