Bionic Commando volve... ¡en alta definición!
xoves, 18 de outubro do 2007
- O novo xogo presenta uns gráficos de impresión
En 1987 Capcom lanzara un videoxogo protagonizado
por un personaxe cun brazo biónico extensible que lle permitÃa desprazarse por
distintos niveis mentres eliminaba ós inimigos cos que Ãa topando e que tivo un
éxito non só nos salóns recreativos, senón tamén nos fogares (grazas a conversións
para os ordenadores e videoconsolas da época).
- Imaxe da vella entrega de Bionic Commando
Agora, 20 anos despois, Capcom resucita o seu Bionic Commando para
as consolas Xbox
360 e PS3, asà como para PC, de xeito que nos achegará un xogo cunha
calidade gráfica abraiante que dista moito das súas orixes en equipos de 8
bits.
Neste novo xogo tomamos o papel de Nathan Spencer, un soldado da División
Federal de Desenvolvemento ArmamentÃstico Biónico traizoado polos seus
superiores e acusado falsamente de crimes que non cometeu, e que pouco antes da
súa execución se atopa con un ataque terrorista que destrúe Ascension City, de
xeito que o noso heroe deberá moverse polas ruÃnas facendo uso da alta tecnoloxÃa
á que ten acceso para derrotar ós malos
e limpar o seu nome.
Os movementos e a acción deste xogo sorprenderán a máis de un, deixando aÃnda máis
abraiados ós afeccionados ás súas anteriores aventuras, que atoparán un xogo
esteticamente irreprochable que procurará aproveitar a calidade gráfica das
novas consolas de videoxogos, como podemos ver no seu avance: