BioShock chegará a iOS durante o verán
luns, 4 de agosto do 2014
BioShock foi un
dos xogos que impulsou o lanzamento da Xbox 360, chegando a converterse nunha
das franquÃas de máis éxito na anterior xeración de consolas de videoxogos, e
2K vén de confirmar que agora dará o salto a dispositivos móbil, confirmando
que estes mesmo verán chegará á App Store, de xeito que os usuarios de iPad,
iPhone e iPod Touch poderán gozar desde xogo no seu dispositivo, advertido de
que o seu prezo estará á altura da calidade deste tÃtulo (polo que non é de
agardar que resulte económico).
Este xogo de Irrational Games foi un dos máis valorados en 2007, conseguindo unha
puntuación de 96 sobre 100 en Metacritic, e para poder replicar esta
aventura baixo a auga o xogo en primeira persoa contará non só con controis
táctiles, senón que tamén soportará mandos externos.
Dende 2K aseguran que BioShock para
iOS ofrecerá a experiencia completa deste xogo ambientado na cidade somerxida
de Rapture, o que confirman
dende algunhas publicacións como Eurogamer, que tiveron acceso ao xogo,
comprobando que aÃnda que se reducira o nivel de detalle dos gráficos (e os
seus efectos ambientais) o xogo orixinal parece estar completo.
Primeiro vistazo en vÃdeo á versión móbil de BioShock