Bingo Crack: novo xogo dos creadores de Apalabrados
mércores, 13 de marzo do 2013
Cando Máximo Cavazzani, director xeral de Etermax e creador
do popular xogo Apalabrados visitou España para participar nos encontros The
App Date (Madrid) e BDigital (Barcelona) aproveitou a ocasión para
dar a coñecer o que serÃa o seu xogo Mezcladitos, e agora que está
en España participando no eShow Barcelona repite a xogada presentando o seu
terceiro xogo, Bingo Crack,
actualmente dispoñible
para iPhone, e que en breve chegará a Android e Facebook (tendo prevista
tamén a súa chegada a BlackBerry 10 e Windows Phone), como os tÃtulos
anteriores de Etermax, que fixeron da multi-plataforma a súa principal forza.
Este xogo ofrece dúas modalidades de Bingo (con 75 ou 90 bolas) permitindo que
os usuarios xoguen cos amigos ou contra usuarios aleatorio en salas orixinais
que poderán desbloquearse segundo vaian subindo de nivel e podendo empregar powerups para dinamizar a experiencia de
xogo. AÃnda que os usuarios que non queiran están moi atados ao xogo tamén
poderán seleccionar a opción de automarca
que destacará de xeito automático os números que vaian saÃndo nas partidas que
xogaremos coas moedas que se ofrecen de balde inicialmente (e que poden tanto
gañarse como mercarse con cartos reais dende a propia aplicación).
Apalabrados en galego
Os xogos de Etermax están a ter moita relevancia en España, chegando a ser elixido Apalabrados como o xogo do ano na App Store local, á vez que Mezcladitos conseguiu converterse en xogo da semana. Ambos tÃtulos beben da mesma base de datos de usuarios e dos mesmos dicionarios que facilitan xogar a buscar palabras en inglés, italiano, francés, alemán, portugués, sueco, holandés, español, catalán e éuscaro, linguas ás que espérase a incorporación do galego o vindeiro venres, grazas en boa medida á achega da empresa Cilenis, spin-off da USC especializada no desenvolvemento de solucións informáticas para o proceso da linguaxe.