Bing comeza a ter en conta a Twitter nos seus resultados de busca
xoves, 2 de xullo do 2009
- Se buscamos "Ashton Kutcher Twitter" en Bing atopamos a conta do actor en Twitter
Leva meses
rumoreándose que Google está a traballar nun sistema para tomar o pulso ás
conversas que teñen lugar a través de Twitter, como un xeito de seguir a
actualidade e asà darlle relevancia en certas buscas, pero parece que Microsoft
adiantouse, e Bing
vén de engadir a Twitter nos seus resultados de busca, aÃnda que só en
buscas especÃficas e para un número limitado de usuarios, pero xa indica de por
si un interesante avance na busca en tempo real que aÃnda ten moito que
evolucionar e poderÃa supor unha compoñente diferencial na guerra dos buscadores que parece querer revivirse (pese a que
Google está nunha posición moi forte).
- Primeira mensaxe de Microsoft en Twitter
Na actualidade Bing non busca nos tuiteos
senón que limÃtase a localizar persoas en Twitter e permitir visualizar as súas
mensaxes de menos de 140 carácteres, pero dende o buscador xa avisan de que iso
é só o comezo.
Pero non é o único achegamento que fai Microsoft en Twitter, senón que tamén vén de estrear unha conta
de usuario nesta plataforma, cunha mensaxe na que falan da publicación do Kodu Game Lab
para a Xbox 360. Polo momento é unha conta con pouca actividade, pero que xa
supera os 6.500 seguidores, aÃnda que non é de agardar que a compañÃa de
Redmond queira dar especial relevancia a este servizo pertencente a unha
compañÃa allea e que incluso poderÃa considerar coma un competidor.
A presenza de Microsoft en Twitter
corre a cargo de Lou Gellos, Dominic Carr, Sandra LeDuc e Jeff Running,
responsables de comunicación da compañÃa en distintos ámbitos.