Binary Domain estrea versión de demostración

mércores, 15 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

O vindeiro 24 de febreiro chegará ás tendas o agardado xogo de acción en terceira persoal Binary Domain, en versión para Xbox 360 e PlayStation 3, anunciando SEGA que, para incentivar a súa adquisición, contará cunha Edición Limitada que, sen custo adicional, incluirá o pack Dan Marshall, que permitirá o acceso a habilidades extra, armas exclusivas e un pack multixogador que incorpora 2 armas, unha clase ninja adicional e un novo mapa.
Para poder facernos unha idea máis completa do que permitirá esta historia ambientada nun Tokyo invadido por robots no ano 2080, na que haberá que loitar polo futuro da humanidade, temos xa dispoñible para a súa descarga a versión de demostración do xogo tanto en Xbox LIVE como na PlayStation Store que ofrece 2 misións que corresponden ás primeiras seccións desta aventura futurista.


Trailer do modo multixogador de Binary Domain

No xogo haberá que acabar cos robots que invaden Tokyo

PUBLICIDADE