Bethesda avanza que está a traballar en Fallout 76

mércores, 30 de maio do 2018 Marcus Fernández

Bethesda Game Studios publicou hoxe un vídeo de adianto para facer oficial o seu vindeiro xogo, Fallout 76, do que darán máis información o vindeiro 11 de xuño ás 3:30 horas no marco da feira E3 en Los Ángeles. Aínda que a información sobre este xogo para Xbox One, PS4 e PC e aínda moi reducida, hai medios que xa están a avanzar detalles como que este novo título non sería un Fallout tradicional, senón que estariamos ante un xogo de rol en liña de supervivencia, inspirado en xogos como DayZ e Rust.
O feito de que Fallout 76 vaia ser un título completamente novo está a provocar grande expectación, especialmente pola confianza que o público ten en Bethesda, aínda que cómpre salientar que o desenvolvemento desta produción non tivo lugar nas oficinas principais de Maryland, onde produciron Skyrim e Fallout 4, senón en Austin, onde estiveron traballando en BattleCry, xogo cancelado que daba nome a estes estudios previamente.

Vídeo de avance de Fallout 76

PUBLICIDADE