BenQ presenta un proxector de vÃdeo optimizado para o fútbol
luns, 5 de marzo do 2018
Dende
o ano pasado os
proxectores de vÃdeo 4K con HDR comezan a estar a prezos relativamente
asumibles, baixando nos EE.UU. dos 2.000 dólares, e son varios os
fabricantes que están a lanzar produtos por debaixo de tal barreira psicolóxica,
como BenQ, que presenta o novo
proxector TK800, que sairá
á venda en abril a uns 1.500 dólares.
Cómpre salientar que non estamos ante un proxecto que teña unha resolución
nativa de 4K, senón que limitarÃa a súa resolución a 1.080p, pero ao poder recibir
sinais 4K con HDR pode reproducir unhas cores moi fieis, á vez que tamén presume
dun brillo de 3.000 lumenes.
Un dos detalles máis curiosos do BenQ TK800 é que conta con modos dedicados aos
deportes en directo (un para deportes xenéricos e outros especÃfico para o
fútbol), ou sexa, que anúnciase como un dispositivo ideal para poder gozar de
retransmisións de fútbol en pantallas de máis de 100 polgadas incluso en
contornos iluminados (para o que haberÃa que separar o proxector da pantalla
3,5 metros).
O proxector tamén estará equipado con lámpadas cunha vida útil dunhas 10.000
horas, minimizando asà a súa substitución, elemento que noutros proxectos
afecta considerablemente ao seu custo de posesión total.
- BenQ incide especialmente en que o TK800 conta cun modo de reprodución optimizado para o fútbol