Belkin estrea base de carga con conector Lightning
luns, 5 de agosto do 2013
Para poder cargar e sincronizar o iPhone 5 ou o iPod Touch
de 5ª xeración (ambos con conector Lightning) Belkin incorpora ao seu catálogo
a base de carga
ChargeSync Dock, que conectase directamente a un porto USB para conectalo
ao ordenador (aÃnda que tamén pode usarse directamente cun cargador de parede
se non queremos gozar da sincronización co ordenador). Polo momento este
accesorio só está dispoñible nuns poucos mercados a un prezo de 39,99 dólares
nos EE.UU. e de 29,99 libras esterlinas no Reino Unido, o que situarÃa o seu
prezo entre os 30 e os 35 euros ao cambio (pero que se atendemos ao prezo en Alemaña
podemos entender que a España chegará a un prezo de 39,99 euros).
Esta base de carga ten un acabado en aluminio pintado, de aà que estea
dispoñible en varias cores, o que resulta especialmente interesante no caso do
iPod Touch (mentres que para o iPhone o modelo en cor prata parece o máis
atinado).
VÃdeo de presentación da nova base de carga de Belkin