Bayer comercializará un medidor de glicosa con USB
xoves, 17 de decembro do 2009
Walter
S. Mossberg sorprende na súa columna semanal analizando un dispositivo para
uso médico, que serÃa o Contour USB de
Bayer, un medidor do nivel de glicosa en sangue pensado para diabéticos, de
xeito que pode conectarse a un ordenador (PC ou Mac) para consultar o histórico
de datos rexistrados, o que resulta de utilidade para controlar a medicación, a
dieta ou o exercicio fÃsico.
O dispositivo sairá á venda a primeiros de 2010 a 75 dólares (52,20 euros) nos
EE.UU., aÃnda que tamén vai comercializarse en Europa, e de cara ao usuario
funciona coma unha mestura dun medidor de glicosa tradicional (cunha lanceta
coa que toma as mostras e unha pantalla na que amosa os resultados) e unha
memoria USB (onde almacénanse tanto os resultados rexistrados como a aplicación
Glucofasts Deluxe, que permite a consulta doada dos datos almacenados).
O feito de que o dispositivo combine software e hardware resulta bastante
práctico, aÃnda que no futuro poderÃa ir un paso máis adiante, permitindo
funcións en liña, de xeito que un doutor terÃa doado consultar os datos dun
paciente a través da web.