Battletoads está de volta
xoves, 20 de agosto do 2020
26 anos despois de que o clásico
xogo de loita Battletoads chegase a salóns recreativos, Dlala Studios en colaboración
con Rare recuperan a franquÃa cun xogo homónimo que chega hoxe mesmo a Xbox
Game Pass, Xbox One e PC (Windows
10 e Steam), de xeito que
pode adquirirse por 19,99 euros ou gozarse do mesmo mediante unha subscrición a
Game Pass.
Este xogo de para
até 3 xogadores permite controlar a Zitz, Rash e Pimple, as Battletoads, que protagonizaran todo un brawler clásico (incluÃdo na recompilación Rare Replay), e que agora recuperan ese tipo de xogo cun
estilo gráfico debuxado a man e cunha historia narrada a través de cinemáticas
totalmente animadas e dobraxe profesional, ou sexa, que estamos ante unha
produción de peso que ofrece doses de acción e humor a partes iguais.
Estamos ante un xogo de loita tipo beat’em up que agradecerán os amantes do xénero que tan
popular foi en máquinas recreativas a finais dos 80 e comezos dos 90, asà como
todos aqueles que gozan de xogos moi tolos e absurdos, asà como os que buscan
simplemente un xogo co que xogar cos amigos en modo cooperativo, para o que
este tipo de tÃtulo resulta ideal.
Tráiler de lanzamento de Battletoads no que podemos ver a Larry Hryb entrevistando ás criaturas protagonistas do xogo