Battlefield 3 estrea trailer con imaxes do xogo

mércores, 23 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Durante a Game Developers Conference de marzo agárdase que poidamos coñecer os detalles máis importantes do agardado xogo Battlefield 3 nun evento organizado por EA e DICE, pero para amenizar a espera xa van adiantando informacións como que a versión para PC permitirá ata 64 xogadores simultáneos no seu modo en liña, un pequeno trailer de adianto e unha serie de imaxes do xogo publicadas pola revista xermana Gamestar.
Este título que chegará ás tendas no outono parece querer facerse un oco nun mercado que parecía monopolizado pola franquía de Call of Duty, e que outras sagas coma Medal of Honor non conseguiron penetrar con éxito nos últimos meses, polo que o reto ao que terá que facer fronte Battlefield 3 será complicado de superar, aínda que de ser así demostrarían que hai espazo para varias franquías de éxito entre os xogos de acción en primeira persoa.


Trailer de Battlefield 3 no que pode verse a acción do xogo

JPEG - 102.7 KB
A revista alemá Gamestar adiantou varias imaxes do xogo

PUBLICIDADE