Battleborn, unha nova creación de Gearbox que mesturará FPS e MOBA

martes, 8 de xullo do 2014 Marcus Fernández

A portada da revista Game Informer do mes de agosto vén de desvelarse, revelando unha nova franquía de Gearbox, o estudio detrás de Borderlands, que leva por nome Battleborn e que será unha mestura de MOBA con area de combate en primeira persoa, que chegará a PC, Xbox One e PlayStation 4.
O novo xogo promete personaxes moi disparatados (para goce dos seareiros das anteriores creacións de Gearbox) que poderán enfrontarse en enfrontamentos de 5 contra 5, combinando a acción da primeira persoal coa estratexia por equipos de xogos como League of Legends e Dota 2. Unha combinación de elementos que están moi de moda actualmente no sector dos videoxogos e que podería converterse nun dos novos fenómenos do lecer electrónico, do que saberemos máis tras a publicación do novo número de Game Informer, revista que destinará 12 páxinas a este novo xogo que destilará violencia, humor e creatividade.


Trailer de presentación do xogo

PUBLICIDADE