Batman Arkham Origins terá versión móbil Free-to-Play

luns, 14 de outubro do 2013 Marcus Fernández

O xogo Batman Arkham Origins non só vai vir acompañado por un xogo para consolas portátiles, sen´no que Warner Bros. Interactive Entertainment e DC Entertainment veñen de anunciar que tamén contará cunha versión para iOS que espera chegar á App Store o vindeiro día 25, coincidindo co lanzamento do xogo para plataformas tradicionais, mentres que a versión para Android tardará unhas semanas máis en estar dispoñible.
O xogo está a ser desenvolvido por NetherRealm Studios e adoptará o modelo de negocio Free-to-Play, cuns gráficos de grande calidade e unha xogabilidade que lembra moito ao que a mesma compañía fixo coa versión móbil de Injustice: Gods Among Us (ou sexa, que introduce personaxes do Universo DC nunha mecánica de xogos de loita popularizada por Infinity Blade).
Neste novo xogo tomaremos o rol de Batman, para derrotar a múltiples delincuentes locais, entre os que non faltan populares inimigos do defensor de Gotham, así como outros elementos como traxes desbloqueables (entre os que non faltan o traxe clásico de Batman dos anos 70, o da serie de animación Batman Beyond ou incluso o de Gotham: Luz de Gas) e algúns dos trebellos que Batman leva no cinto para lanzar ataques especiais.
Os usuarios que teñan o xogo de consola tamén poderán acceder a contido adicional neste título móbil.


Trailer da versión móbil de Batman Arkham Origins

PUBLICIDADE