Batman: Arkham Origins prepara o seu lanzamento cun novo trailer

mércores, 23 de outubro do 2013 Marcus Fernández

A só dous días do lanzamento oficial do agardado Batman: Arkham Origins para PlayStation 3, Xbox 360 e PC, Warner Brods. Interactive Entertainment publica o trailer de lanzamento do xogo baixo o título de Misión Personal, no que amosa a esencia do combate, a extensión da cidade de Gotham e parte do guión que conformará este xogo que máis adiante tamén contará con versión para Wii U. O título tamén conta coa compañía dun xogo de balde para iOS, e contará tamén co xogo Batman: Arkham Blackgate para PS Vita e Nintendo 3D como complemento (saíndo este último tamén o vindeiro venres).
Sony tamén confirmou que o venres poderán adquirirse os xogos do Cabaleiro Escuro nas súas versións para PlayStation 3 e PlayStation Vita en formato descargabble por 59,99 e 39,99 euros respectivamente, mentres que a versión para PC figura en Steam a un prezo de 49,99 euros (podendo adquirirse con antelación cun 8% de desconto). Na tenda en liña para Xbox 360 aínda van máis aló, e dende primeiros de meses ofrecen traxes para vestir ao noso avatar de numerosos personaxes do xogo que están á venda a 2,85 euros cada un.


Trailer de lanzamento do xogo

JPEG - 81.4 KB
Os usuarios que merquen anticipadamente o xogo poderán tomar o rol de Deathstroke como contido adicional

PUBLICIDADE