Batman Arkham Origins: Blackgate adaptarase a consolas domésticas
martes, 11 de febreiro do 2014
Nos últimos anos estámonos a afacer ao feito de que as sagas
que contan con algún tÃtulo para consolas portátiles rematen sacando unha versión
remasterizada dos mesmos para consolas de sobremesa, de xeito que os usuarios
que non gustan de xogar en mobilidade poidan experimentar as historias
completas dos seus personaxes favoritos e desta volta é o xogo Batman Arkham Origins: Blackgate o que
vai recibir este tratamento se atendemos á ficha que accidentalmente
apareceu na páxina web de Xbox dando a coñecer que o xogo de 3DS e PS Vita
terá versión para consolas domésticas.
A filtración amosa o que serÃa Batman Arkham Origins: Blackgate Deluxe
Edition, e que é de agardar que vaia confirmarse en breve o seu lanzamento
para Xbox 360 e PlayStation 3 como xogo descargable que continúe a historia do
último xogo para consolas domésticas de Batman, mudando de mecánica de xogo
converténdose nunha aventura de desprazamento lateral na liña dos moi
frecuentes xogos do xénero alcumado como Metroidvania.
Ao estarmos ante unha edición de luxo,
é de agardar que o xogo véxase enriquecido con novos mapas, novos desafÃos,
novos traxes, distintos niveis de dificultade e gráficos mellorados, aÃnda que
mantendo unha mecánica diferenciada da anterior entrega das aventuras do
cabaleiro escuro.
- O xogo apareceu accidentalmente en Xbox.com