Batman: Arkham City estrea versión para PC e contido descargable
mércores, 23 de novembro do 2011
Hoxe
chegou ás tendas de videoxogos a agardada versión para PC de Batman: Arkham City, que
permite que os usuarios de ordenadores poidan gozar do novo xogo do cabaleiro
escuro cun nivel de detalle gráfico superior ao das consolas PlayStation 3 e
Xbox 360, especialmente no caso de usuarios con tarxetas nVIDIA GeForce GTX,
posto que Arkham City, como xa fixera
a súa anterior entrega (Arkham Asylum)
fai uso da tecnoloxÃa PhysX, que dota a este tÃtulo de Rocksteady Studios de
impresionantes efectos de fÃsica.
Nestas últimas horas tamén estreouse un novo contido descargable para todas as
plataformas do xogo, o Robin Bundle Pack,
que incorpora como personaxe xogable a Tim Drake, o terceiro Robin dos comics
de Batman, xunto con 2 mapas (Black Mask
Hideoute Freight Train Escape) e
un par de skins para mudar a
aparencia visual de Robin con diferentes encarnacións do personaxes. Este
contido descargable está
á venda por 560 puntos no Bazar de Xbox LIVE e 6,99 euros na PlayStation
Network.
Con anterioridade o xogo xa recibira un contido descargable semellante, que en vez de incluÃr a Robin como personaxe xogable, facÃa o propio con Nightwing, que fora o Robin orixinal (Dick Grayson), quen tomou unha identidade de seu fóra da sombra do home morcego.
Trailer do Robin Bundle Pack
- Neste xogo de acción tamén haberá que empregar o sixilo para superar os distintos retos
- O Robin que se incorpora ao xogo é Tim Drake (sucesor de Dick Grayson e Jason Todd).
- O novo contido descargable achega a Robin e a 2 aparencia alternativas do personaxe