Baterías externas para ampliar a autonomía dun MacBook ata 32 horas

mércores, 6 de maio do 2009 Marcus Fernández

Pese a que os portátiles de Apple gocen dunha boa autonomía, sempre hai usuarios que precisan unha maior duración das baterías, principalmente por estar moi afastados dun enchufe de corrente durante un tempo prolongado, de hai que lancen as baterías externas HyperMac, que se venden en capacidades de entre 60 e 220Wh a prezos de entre 199,95 e 499,95 dólares, conseguindo esta última incrementar a autonomía dun MacBook en 32 horas, aínda que cómpre destacar que tamén contan cun porto USB para poder cargar os nosos trebellos electrónicos.
A batería HyperMac tamén conta cun adaptador para o acendedor do automóbil, o que permite a súa recarga durante os nosos desprazamentos en coche, dotando dunha maior portabilidade aos equipos de Apple. As dimensións e o peso destas baterías é proporcional á súa capacidade, contendo bastante estes aspectos como para que non sexan un lastre.

PUBLICIDADE