BaterÃa sen fÃos de Logitech para o Guitar Hero World Tour</Em>
mércores, 15 de xullo do 2009
Dende Logitech colléronlle
gusto aos instrumentos musicais para consolas cun deseño de luxo, e tras a súa guitarra
sen fÃos á venda por 199,99 euros presenta agora unha baterÃa para o
Guitar Hero World Tour chamada Logitech
Wireless Drum Controller, que ten unha aparencia bastante realista,
que polo momento chegarÃa para a PlayStation 3 (aÃnda que parece estar en
preparación o modelo para Xbox 360) e sairá á venda nos EE.UU. este mes por
229,99 dólares (162,33 euros), mentres que en Europa haberá que agardar a
agosto para ver o trebello nas tendas.
Sobra dicir que aparte dun
maior realismo, esta baterÃa ten unha resposta moito mellor que a do
instrumento orixinal para o xogo musical, tamén fai menos ruÃdo e o seu pedal
permite axustar a súa resposta. Amais, pode encartarse para ocupar incluso
menos espazo que a baterÃa orixinal.
A baterÃa funciona cun par de pilas AA que permiten unha autonomÃa dunhas 50
horas, comunÃcase coa PS3 a través da banda dos 2,4 GHz e o seu uso nunha
PlayStation 2 é posible a través dun receptor USB.