Base para o portátil con altofalantes integrados

xoves, 7 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Colocar un ordenador portátil no colo pode ser sumamente incómodo e prexudicial para a saúde, e pensando en protexer as pernas do usuario anuncian o Logitech Lapdesk N550, base para ordenadores portátiles cunha pantalla de ata 14,1 polgadas que chegará ao mercado europeo en xaneiro e que este mesmo mes porán á venda nos EE.UU. por 59,99 dólares, o que pode parecer bastante elevado, pero hai que destacar que este soporte incorpora tamén altofalantes laterais, de xeito que aparte de protección térmica e comodidade, subministra unha calidade de son superior á que dan a meirande parte dos portátiles a través dos seus altofalantes integrados (alimentados a través de USB).

PUBLICIDADE