Base para o iPhone/iPod Touch apoiada por un reloxo por software
mércores, 17 de marzo do 2010
O iPhone e o iPod Touch contan xa cunha nova
base multimedia de iLuv orientada a o seu uso coma altofalantes e mesmo
coma reloxo espertador, destacando polo feito de que, en vez de contar cunha
pantalla de seu, aproveita a propia pantalla do iPhone, que grazas a unha aplicación
descargable de balde pode transformarse nun reloxo de alarma cun display enorme no que ver a hora e
información meteorolóxica.
A iMM190
App Station pode colocarse tanto en vertical coma en horizontal, serve para
cargar o terminal o iPhone/iPod Touch, conta cunha entrada de liña auxiliar e
está á venda por 89,99 dólares (64,80 euros).