Base para discos duros SATA con hub USB e altofalante integrados
luns, 6 de abril do 2009
A tenda de Brando
incorporou ao seu catálogo un dispositivo que serve coma adaptador externo
para discos duros SATA tanto de 2,5 coma de 3,5 polgadas, de xeito que os
podemos conectar por USB ao noso equipo sen ter que abrir a súa carcasa, e
aproveitando o espazo que ocupa o trebello decidiron aproveitar os seus 13,4 x
11,7 x 5,6 centÃmetros para dotalo dun concentrador para 2 portos USB, uns
altofalantes estéreo de 3 vatios e incluso unha tarxeta de son por USB, todo
iso por só 59 dólares (uns 44 euros), polo que é unha opción moi interesante
para todo aquel que precise da conexión externa de discos duros (que
actualmente están considerados coma un dos soportes de almacenamento masivo
máis económicos), e que prefira adquirir un dispositivo que sirva para algo máis.