Base de carga con altofalantes para a PS Vita
martes, 24 de abril do 2012
Nyko
Technologies vén de pór á venda nos EE.UU. por 29,99 dólares (22,70 euros) unha base para a
consola portátil PS Vita que serve para cargar o dispositivo e como
altofalante estéreo, ideal para escoitar música ou ver pelÃculas coa última
portátil de Sony.
O Speaker Stand for PS Vita inclúe un
jack de liña que fai que non só
poidan funcionar coa PS Vita, senón que este altofalante tamén poderá
empregarse cun iPod ou moitos outros dispositivos (aÃnda que non se axustarán
con tanta precisión e seguridade como a PS Vita).
É de agardar que en breve tamén estea dispoñible en España este curioso
accesorio, como moitos outros que este fabricante ten no mercado europeo.