Base Dock para o iPhone 3G
luns, 14 de xullo do 2008
Os usuarios que se fixeron
co novo iPhone 3G atoparon que para conectalo ao ordenador só contaban cun
cable USB e non cunha base Dock (que si se incluÃa de balde no anterior móbil
de Apple) e, para solucionar esta carencia, Apple
vende xa unha base Dock adaptada para o novo iPhone (pois non é
compatible con moitas outras bases existentes) por 25 euros.
A base
Dock para o iPhone 3G permite non só conectar o equipo ao PC por
USB, senón que tamén incorpora unha saÃda de audio de lÃnea (moi práctica para
conectar o dispositivo a uns altofalantes amplificados) e incluso permite falar
en mans libres (pois de conectar o iPhone a outras bases de Apple o móbil entra
en modo voo, o que desactiva o
teléfono e a conectividade sen fÃos).