Barrio Sésamo terá un xogo para Xbox 360 e Kinect

martes, 15 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Double Fine, estudo liderado por Tim Schafer, e coñecido por xogos coma o violento Brütal Legend e o novo e orixinal Stacking, sorpréndenos ao anunciar que o seu novo proxecto será Sesame Street: Once Upon A Monster, ou sexa, un xogo baseado no programa de televisión coñecido en España coma Barrio Sésamo, que será exclusivo para Xbox 360 e terá soporte para Kinect.
Este novo xogo será unha especie de conto interactivo no que poderemos manexar a Elmo e a Triqui (o monstro das galletas), e polo momento só temos unhas poucas imaxes deste título en desenvolvemento do que non se coñece nin a data de lanzamento nin se chegará coma produto en soporte físico ou coma descarga dixital.

Elmo e Triqui serán os protagonistas do conto interactivo para Xbox 360 desenvolvido por Double Fine

PUBLICIDADE