Barnes & Noble asóciase con Samsung para lanzar o seu novo tablet

xoves, 5 de xuño do 2014 Marcus Fernández

Barnes & Noble leva tempo comercializando os seus propios dispositivos electrónicos, pero para poder ofrecer o último en tecnoloxía decidiu agora facelo da man un dos fabricantes líderes, e presenta hoxe o Samsung Galaxy Tab 4 NOOK, un novo tablet orientado a consumidor os contidos dixitais de Barnes & Noble. Esta versión do Galaxy Tab 4 integra unha versión do software de NOOK para Android que facilita considerablemente o acceso aos libros, revistas e xornais que distribúe B&N en formato dixital.
Polo momento este tablet limitará a súa distribución aos EE.UU., onde sairá á venda no mes de agosto dende as súas preto de 700 librarías e a través da páxina web de Barnes & Noble por un prezo que agárdase que estea entre os 150 e os 200 dólares, e que poderiamos velo como a resposta de B&N aos Kindle Fire de Amazon.
O novo tablet conta cunha pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1,5 Gb de RAM, cámaras de 3 e 1,3 Mpíxeles, 8/16 Gb de almacenamento interno e sistema operativo Android 4.4 co software de NOOK pre-cargado.

PUBLICIDADE