Barcelona acollerá o Mobile World Congress até 2030

luns, 27 de xuño do 2022 Marcus Fernández

Tras unhas edicións moi irregulares do Mobile World Congress por mor da situación sanitaria global, o cadro directivo da GSMA acordou que o encontro sobre telefonía móbil manterá a súa sede en Barcelona como mínimo até o ano 2030, por terse constatado a idoneidade da cidade para acoller esta feira internacional considerada como a cita tecnolóxica máis importante do ano a nivel mundial.
O Mobile World Congress celébrase en Barcelona dende o ano 2006, como resposta ao crecemento do evento, e, se omitimos os problemas provocados pola pandemia, as distitnas edicións foron un éxito rotundo, grazas especialmente pola boa relación entre a GSMA e o ecosistema que se formou ao redor do MWC en Barcelona, para o que contribuíron administracións públicas e numerosas entidades privadas, convertendo a cidade condal nun recuncho acolledor para moitos milleiros de visitantes.

PUBLICIDADE