Bandai Namco celebrará os 35 anos do Comecocos cun xogo para dispositivos móbiles
venres, 22 de maio do 2015
- Para homenaxear ao xogo orixinal en PAC-MAN 256 recupérase o seu erro 256 como un elemento xogable (será a grande ameaza do xogo móbil)
Estes dÃas está a conmemorarse os 35º aniversario de
Pac-Man, e Bandai Namco non quere deixar pasar a ocasión para anunciar que no
verán lanzará un xogo de balde para smartphones e tabletas que desenvolve
con Hipster Whale (os creadores do popular Crossy
Road) titulado PAC-MAN 256, que
vén a ser unha curiosa revisión do xogo orixinal na que o Comecocos deberá
percorrer un labirinto sen fin polo que o perseguirá o famoso erro 256 presente na recreativa orixinal
(un fallo do xogo que amosa caracteres aleatorios en pantalla).
Conservando parcialmente os gráficos e a mecánica orixinal do xogo (Pac, as
pantasmas Blinky, Pinky, Inky e Clyde, e as pÃlulas máxicas), PAC-MAN 256 destaca por presentar unha
perspectiva tridimensional que resulta máis atractiva para os usuarios actuais,
e tamén contará con algúns elementos adicionais (moedas, power-ups...) para facer máis intensa a persecución.
- PAC-MAN 256 adopta unha perspectiva tridimensional para resultar máis atractivo
VÃdeo de presentación de PAC-MAN 256