BMW presenta unhas lentes de realidade aumentada para ir en moto
mércores, 12 de xullo do 2023
Mentres o sector
tecnolóxico está a esforzarse en avanzar na realidade virtual e estendida, hai
iniciativas máis modestas como a de BMW Motorrad, que presentou as ConnectedRide
Smartglasses, unhas lentes para ir en motocicleta que integran tecnoloxÃa
de proxección no que poderiamos considerar como realidade aumentada.
As novas lentes presenta ao motorista información de interese, como instrucións
de navegación, a velocidade ou a marcha, sen obstaculizar o campo de visión,
polo que incluso podemos considerar que esta tecnoloxÃa contribúe a mellorar a
seguridade na estrada, xa que evita que o condutor aparte a vista da estrada.
As ConnectedRide Smartglasses poden conectarse ao smartphone mediante Bluetooth
e xestiónanse mediante unha aplicación móbil. O motorista pode configurar a
proxección nas lentes tanto antes de iniciar a viaxe como durante o traxecto,
contando cun controlador que pode colocarse no guiador da motocicleta.
As lentes teñen unha autonomÃa de até 10 horas de uso, poden adaptarse para un
uso por parte de persoas con problemas de visión (até 4 dioptrÃas) que non usen
lentes de contacto, e venderanse en 2 tamaños distintos e cun par de xogos de lentes
(unhas de sol, con protección contra a radiación ultravioleta, e outras cunha
transparencia do 85%).
Sairán á venda este mesmo ano a un prezo que poderÃa estar preto do 750 dólares
nos EE.UU.