Auriculares de botón con cables recubertos de kevlar
venres, 26 de setembro do 2008
Tendemos a pensar
que os auriculares de botón teñen mala calidade de son e son moi fráxiles, pero
para os usuarios profesionais que gusten deste tipo de accesorios dende
Sennheiser teñen os auriculares IE6 que ofrecen unha reprodución musical
excelente optimizada tanto para a monitorización profesional de son como para o
seu uso con reprodutores multimedia portátiles destacando por contar cun
recubrimento de kevlar nos seus cables, o que evita a súa rotura.
Os Sennheiser
IE6 teñen unha frecuencia de resposta de entre 10 Hz e 18 kHz, un
cable de 1,2 metros, un conector estándar de 3,5 mm, un peso de so 5 gramos e,
por desgraza, un
elevado prezo (140 euros) que os fan pouco axeitados para o mercado
de consumo.