Audi publica un xogo de balde para o iPhone

xoves, 2 de abril do 2009 Marcus Fernández

A semana pasada Audi publicou de balde en iTunes o documental Truth in 24, que fora emitido pola ESPN e que trata sobre a competición das 24 horas de LeMans, e gora completa esta campaña co videoxogo Truth in 24 para o iPhone e o iPod Touch, que tamén podemos descargar de balde, e que permite tomar o papel dun condutor do equipo Audi na carreira de LeMans nunha competición de 10 minutos, aproveitando as posibilidades do acelerómetro que incorporan os trebellos de Apple para manexar os vehículo na pista.
O xogo non destaca polos seus coidados gráficos nin por outros factores técnicos, pero estando ante un título de balde moitos agradecerán este lanzamento que claramente axuda a reforzar a imaxe pública de Audi.

PUBLICIDADE