Atlantic lanza un revolucionario marketplace para as adegas galegas: Wines.gal
venres, 15 de outubro do 2021
A
empresa Atlantic, con sede en Vilagarcía, compartiu detalles dun
innovador proxecto de seu, destinado a converterte nun escaparate
internacional para as adegas da nosa terra: a plataforma Wines.gal
que irrompe na Rede en cinco idiomas: galego, castelán, inglés,
francés e alemán.
Trátase,
en palabras da firme, dun marketplace que permite aos
adegueiros achegarse de xeito cómodo e inmediato aos consumidores
finais, sen intermediarios e de maneira directa. “Quixemos facer un
recurso complementario e compatíbel co feito de ter unha páxina web
ou unha tenda en liña previa, así como calquera outra forma de
promoción internacional”, sinalan dende Atlantic.
Máis
de dúas ducias de adegas pertencentes ás 5 Denominacións de Orixe
de viño de Galicia están xa adscritas á plataforma, a través da
cal realízase venda ao por menor ao consumidor final en toda a Unión
Europea.
Presentación
detadalla
A
ferramenta será presentada o vindeiro 22 de outubro ás 10.00 horas
no GaiásTech, no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de
Santiago.
O
programa da sesión, que se celebrará tanto de maneira presencial
como en liña será o seguinte:
-Presentación
e misión de Atlantic: o reto de dixitalizar os sectores máis
tradicionais da economía galega.
-Presentación
do marketplace de viños galegos
Wines.gal, a súa misión e obxectivos.
-Operatividade
do marketplace de cara ao cliente.
-Funcionalidades
e utilidades da plataforma para as adegas inscritas.
-Explicación
do proceso de alta para adegas en Wines.gal.
-Procesos
e operativa internacional de Wines.gal.
-Relanzamento
internacional da ferramenta de ecommerce nos vindeiros meses
grazas ao programa Galicia Exporta Dixital do IGAPE.
O
público obxectivo da sesión do venres 22 son os propietarios de
pequenas ou medianas adegas pertencentes a algunha D.O de viño de
Galicia, ou responsábeis de mercadotecnia e/ou de
internacionalización de adegas de maior tamaño, e o público en
xeral interesado pola introdución das tecnoloxías da información
nos sectores tradicionais da economía galega para que poidan coñecer
a plataforma Wines.gal.
As
persoas interesadas en asistir ó evento, tanto de forma presencial
como con en liña (a través da aplicación Zoom), deberán
inscribirse no evento a través da
web de GaiásTech.