ata 130 directivos de empresas galegas participan hoxe no Innovation Big Date de APD

martes, 18 de xuño do 2024 S. P.

A Asociación para o Progreso da Dirección (APD), en colaboración coa Xunta, o Círculo de Empresarios e Nordés Club Empresarial baixo o programa de Capacita Directivos, celebran este martes 18 de xuño, no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago, o evento Innovation Big Date.
Trátase dun punto de encontro para directivos e profesionais arredor da innovación como “o motor do cambio da sociedade e as empresas”, segundo informou APD, que engade que a xornada comezará coa inauguración da directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE); Covadonga Toca; e continuará con varias conversas sobre transformación.
Intervirán Orlando Vergara, executivo, mentor e autor do libro Ecosystems Leaders Mindset; Javier Sesma, vicepresidente de Desenvolvemento de Negocio de TK Elevator; Iñigo Ezquerra, director de Innovación Aberta de Arcelormittal; Norberto Penedo, director da área de Competitividade do IGAPE e Ana Sánchez, directora da zona noroeste de APD.
Ademais, o encontro contará con dúas mesas redondas con profesionais provenientes de empresas galegas, como Lucía Sánchez, xestora de proxectos de innovación de Hijos de Rivera; Pedro Arenas, director de Desenvolvemento Corporativo de CEAMSA e Karolina Iwanowicz, coordinadora de innovación de Kaleido Ideas.
Este encontro, organizado por APD, atópase dentro do programa Capacita Directivos, que se organiza coa Xunta de Galicia e a colaboración do Círculo de Empresarios de Galicia e Nordés Club Empresarial.
Calcúlase que participarán máis de 130 directivos de empresas galegas.