Atari explica cómo activar axeitadamente o Alone in the Dark para PC

xoves, 26 de xuño do 2008 Marcus Fernández

A versión para PC do xogo Alone in the Dark está a dar certos problemas por mor do seu sistema de seguridade, SecuROM, que precisa da descarga dun compoñente adicional para poder lanzar o xogo (tralo que funcionará incluso sen acceso á Rede).
Tamén destacan que o xogo funciona tanto para Windows Vista como para Windows XP (aínda que non o pareza), precisando dun equipo bastante potente para funcionar satisfactoriamente:

- Procesador: Intel Pentium 4 2.8 GHz o Athlon X2 +3800 (Intel Pentium 4 3.4 GHz ou AMD Athlon 64 +4000 recomendado)
- Memoria: 1 GB RAM (2GB recomendado)
- Espazo en disco duro: 9.5 GB libres
- Unidade DVD-ROM: 4X de velocidade ou superior
- Tarxeta de vídeo: NVIDIA GeForce 7600 ou ATI Radeon X1950 ou superior (NVIDIA GeForce 7800 GTX ou ATI Radeon X1950 XTX ou superior recomendado)
- Sonido: Tarxeta de son compatible con DirectX versión 9.0c
- DirectX: DirectX versión 9.0c (incluído) ou superior

Ademais, para conectalo a outros equipos é preciso suspender a licenza do ordenador onde se instalou por primeira vez, para o que Atari habilitou unha web especial onde detallan o proceso.

PUBLICIDADE