Ataque a los Titanes terá xogo para Nintendo 3DS
venres, 9 de agosto do 2013
A serie de manga Shingeki
no Kyojin (en España, Ataque a los
Titanes) comezou a publicarse no Xapón a finais de 2009, converténdose en
todo un fenómeno a nivel internacional (vendeu máis de 20 millóns de copias só
no Xapón), especialmente tras a estrea no mes de abril da súa adaptación en
forma de serie de animación, e continuando neste senda de éxitos que incluso
promete levar a historia á pantalla grande, sábese agora que está en preparación
un vÃdeo xogo baseado no tÃtulo que Spike Chunsoft está a preparar para
Nintendo 3DS, descoñecéndose polo momento máis detalles sobre o mesmo, pois a
confirmación do desenvolvemento deste xogo limitouse á aparición do mesmo na páxina
web do estudio que o está a realizar.
Ataque a los Titanes desenvolve a súa
historia nun futuro ficticio inspirado na Idade Media, na que a humanidade foi
case exterminada pola aparición duns seres con forma humana e enorme tamaño (de
3 a 15 metros), os Titáns, que aliméntanse de humanos, aÃnda que un grupo de
persoas logra sobrevivir máis dun século tras a protección de murallas de 50
metros de altura ata que un dÃa un Titán Colosal fai acto de presenza, facendo
que un grande grupo de Titáns penetres as defensas e desencadee unha serie de
enfrontamentos nos que o obxectivo é rematar con todas estas criaturas.